PROXECTO DE ARQUEOLOXÍA SOCIAL DO CASTRO DE MALLOU
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) participou como entidade colaboradora na marabilloso aventura arqueolóxico-cultural do castro de Mallou. Un proxecto de arqueoloxía social promovido polo concello de Carnota, dirixido polo arqueólogo Antón Malde e coordinado a nivel de comunicación e produción por Manuel Gago
A parte de colaborar nos labores de escavación, os compañeiros da SAGA Rafael Quintía e Miguel Losada levarán a cabo unha investigación antropolóxica na aldea de Mallou e un traballo de recollida de tradición oral xunto con Sole Felloza.
Como broche de ouro deste proxecto organizamos tamén dúas actividades:
1º) Unha mostra de escultura en directo, onde o escultor e canteiro Marcos Escudero realizou no propio castro de Mallou a escultura da cabeza de porco que, segundo a tradición veciñal, foi baixada do castro e que luciu na aldea, no muro dun veciño, ata que foi roubada hai uns anos. A cabeza do porco foi entregada como agasallo ós veciños de Mallou nun acto simbólico de agradecemento e de restitución daquela vella cabeza de porco castrexa roubada no pasado.
2º) Un recital de zanfona, violín e nyckelharpa que correu a cargo dos músicos Carmen Gallego e Cesar Loureiro.
A SAGA quere agradecer expresamente ós amigos Marcos Escudero, Cesar Loureiro e Carmen Gallego a súa desinteresada colaboración nestas actividades e a súa xenerosidade para con nós ó non dubidar en apuntarse a este proxecto cando así llelo propuxemos. Moitas grazas compañeiros, por bos e xenerosos.
A campaña do castro de Mallou durou 10 días divididos en dous períodos de traballo: do 17 ó 21 e do 24 ó 28 de xullo. Tendes toda a información sobre este proxecto na web:http://castrodemallou.net/
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal