Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


ARQUIVO AUDIOVISUAL DO ENTROIDO

Logo_SAGA

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. "Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón"


II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Exposición "O Entroido en Galiza"


Xornadas de Pontevedra sobre o Entroido. Ponencia de Miguel Losada

As montañas de Ourense atesouran, inda vivos, unha parte insustituible e moi valiosa, dos estratos mais antigos da primitiva cultura paneuropea. As máscaras e persoaxes que as exhiben, remiten cara un intre do pasado común no que, probablemente, o cambio social propiciou a diversidade cultural.

A Mascara do Cigarrón


Antroido en Oimbra

A fin da festa no martes do antroido no pobo de Oimbra, Ourense, visto pola cámara da Sociedade Antropolóxica Galega. O Meco dá a súa xeira derradeira polas rúas. Escoltado polos fachucos, lévase cara a praza onde remata amortizado de vez. Arde a víctima itifálica. Arde no medio da troula, pra ledicia do poder numinoso do antroido galego.

Intervención de Xerardo Santomé:

Xornadas do entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Pontevedra, 2013. Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro"

O traxe de Cigarrón. Intervención de Benito Salgado nas Xornadas sobre o Entrodio de Galiza

Intervención de Benito Salgado nas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza" organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Ano 2013.

EXPOSICIÓN DA SAGA SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Video da exposición sobre o entroido que organizou a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) co gallo das súas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza". Ano 2013.

Toño Vázquez: O Entroido en Pontevedra. Introducción por Rafa Quintía

Xornadas 2013 sobre o entroido. Na casa das Campás de Pontevedra. Presentación dos poñentes e introducción por parte do Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Exposición de Toño Vázquez: O entroido en Pontevedra.

Ponencia de José Ángel Rosales. Madamas e Galáns no entroido de Vilaboa.

Xornadas do entroido en Pontevedra organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Ponencia de Xose Ángel Rosales. Madamas e Galáns en Vilaboa.

Percusión do entroido. Extractos 2014

Un avance do que vai vir, neste eido. Permanezan atentos, se queren saber mais.

Peliqueiros de Laza. 2013-HD

O domingo de entroido, no pobo de Laza, Ourense, os Peliqueiros actualizan cada ano o rito da "estrea do peliqueiro". Visten o traxe por vez primeira nese ano e percorren o camiño cerimonial e inveterado pola praza da Picota.
Nese intre someten ó escrutinio dos veciños a calidade do porte e bo facer de cada un dos intérpretes enmascarados. Non é pois, un intre lúdico, é un intre para o respecto e a responsabilidade. Postúlanse cos seus silandeiros acenos, imperceptibles para os non iniciados, como garantes da Tradición e dignos continuadores da misión simbólica que gravita sobre eles cada ciclo anual.

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal