O arqueólogo e compañeiro da SAGA Lukas Santiago ven de descubrir un novo petróglifo na parroquia pontevedresa de Lourizán. Ó petróglifo do Outeiro da Edra, como así foi bautizado, hai que sumarlle o descuberto hai uns meses polo antropólogo da SAGA Rafael Quintía: o petróglifo de Pedra Escorregadoiro. Ámbolos dous achádegos veñen a imcrementa-lo xa rico patrimonio arqueolóxico dos Espazo dos Sete Camiños. Estes novos xacementos foron postos en coñecemento do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación e protección. O DESCUBRIMENTO DO PETRÓGLIFO DO OUTEIRO DA EDRA NA PRENSA
O compañeiro José Gavilanes, investigador da equipa da Sociedade Antropolóxica Galega, ven de descubrir dous novos petróglifos en Paderne que se seuma ó anteriormente publicado . Achegámo-las fichas destas novas estacións rupestres e seguimos dando a coñece-la riqueza inédita neste tipo de gravuras na provincia de Ourense.
O compañeiro José Gavilanes, investigador da equipa de colaboradores da Sociedade Antropolóxica Galega, ven de descubrir un novo petróglifo en Paderne. Achegámo-la ficha desta nova estación rupestre que ven a reafirma-la riqueza descoñecida neste tipo de gravuras que atesoura a provincia de Ourense. Os cada vez máis frecuentes descubrimentos deste tipo de expresións culturais no interior de Galicia, moitos deles grazas ó labor teimoso e desinteresado de José Gavilanes, van ampliar enormemente o campo de estudo da arte rupestre galaica, rachando, dunha vez por todas, coa idea de que existía un baleiro de petróglifos nas terras interiores do país.
Sociedade Antropolóxica Galega
Aviso Legal