Viaxe de investigación que un equipo da Sociedade Antropolóxica Galega realizou á cordilleira do Atlas e ao Sahara marroquí durante o inverno do ano 2015. O obxectivo deste proxecto era tomar contacto coa cultura amazigh (bérber) e poder recoller e documentar algúns dos seus aspectos máis vencellados ao mundo das crenzas míticas e máxico-relixiosas. Ademais deste traballo, outro dos obxectivos era estudar o legado arqueolóxico do norte de África e ver as súas conexións con outros pobos europeos.
Os resultados da investigación foron recollidos polo antropólogo Rafael Quintía e publicados en: Na terra dos Imazighen. Crónica dunha viaxe de investigación ao Atlas e ao Sahara. Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº6, año 2016.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal