Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


PROXECTO “ALTO TÁMEGA: ACCIÓNS NA PAISAXE PATRIMONIAL”

PROXECTO “ALTO TÁMEGA: ACCIÓNS NA PAISAXE PATRIMONIAL”
 
O departamento de Historia Arte e Xeografía dependente da Universidade de Vigo por medio do Grupo de Estudos en Arqueoloxía , Antigüidade e Territorio, vai desenvolver nesta parte sur da provincia de Ourense un proxecto de investigación no que tamén vai colabora-la Sociedade Antropolóxica Galega xunto coa Asociación Cultural do alto Támega.
 
Trátase dun proxecto interdisciplinar formalizado en catro áreas temáticas que evidencia a relación entre a paisaxe natural e cultural deste curso alto do río. Contémplanse catro accións concretas:
  •  O estudo, rexistro e posta en valor dos petróglifos do Penedo das Pisadiñas, concello de Laza e do de “Covas Rubias”( nome provisional) recentemente descuberto por membros da SAGA.
  •   Revisión e estudo territorial dos xacementos da prehistoria recente do Val do Támega (Concellos de Laza, Castrelo do Val, Monterrei, Verín e Oimbra).
  •  Unha primeira aproximación ó patrimonio industrial e xeolóxico mineiro da bisbarra, especialmente no tocante ós cotos mineiros de Arcucelos e Vilameá.
  •  A proxección destes bens, en tanto que recursos endóxenos da comarca, mediante accións de dinamización social e cultural en colaboración con diversos axentes sociais.
Neste contexto cómpre salienta-la utilización de tecnoloxías innovadoras como as metodoloxías de rexistro tridimensional da arte rupestre ou a realización dun estudo piloto multidisciplinar sobre as cavidades feitas nas rochas.
 
Non será menos innovador nesta bisbarra o desenrolo dun modelo de traballo no que as comunidades locais participarán activamente na creación do corpus de coñecemento aberto e permeable, que haberá de posibilitar un mellor desenvolvemento social e económico deste val. Esta implicación na escala local será a garante da continuidade e calidade das actuacións propostas.

Calco dun petróglifo no Monte Lastredo Laza


Proxecto Alto Támega. Petróglifo Covas Rubias. Día 3º


Proxecto Alto Támega. Dia 2º. O Petróglifo das Covas Rubias


Alborada no Petróglifo das Covas Rubias


Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal