Por Miguel Losada Secretario SAGA Algunha das crónicas mais antigas recollen xa a existencia de informantes integrados en colectivos de diversa caste, nomeadamente os militares. Soldados como Jenofonte ou o mesmo Xulio Cesar, actuaron como observadores privilexiados na campaña contra os Persas e a guerra das Galias. Actuaron coma cronistas dende unha atalaia moi principal dentro daqueles procesos. Moito mais recentemente reporteiros gráficos coma “ Robert Capa” – E.E.Friedman, en realidade – participaron no desembarco aliado das praias normandas. Finalmente, durante os derradeiros conflitos bélicos do século XX e debido probablemente ó rol xogado polos medios de comunicación, cobrou gran popularidade o concepto de “empotrado” referido especialmente á profesión periodística. Lembren a guerra do Golfo Pérsico. A nosa vivencia desta situación non pode ser obxectivamente comparada ca intensidade vital destes exemplos.
Mais si que é verdade que, subxectivamente, coñecer dende dentro a dinámica do Fulión, compartir a ilusión deste colectivo e ver de primeira man a capacidade que ten a nosa cultura para ser un referente a escala mundial foi impresionante.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal