A exposición “Entroido en Galiza” está aberta durante os días que duran as xornadas anuais sobre o entroido de Galiza, que se clebran na cidade de Pontevedra durante o mes de febreiro . A exposición temporal é visitable na Casa das Campás de Pontevedra, edificio para fins culturais pertencente á Universidade de Vigo. A devandita exposición foi concibida como un complemento das “Xornadas sobre o Entroido de Galiza” co fin de achegar á cidadanía e a todos aqueles que participaron nas xornadas unha pequena mostra da riqueza do noso Entroido en canto a personaxes, celebración, simbolismo, ritos e expresións culturais vencelladas a este ciclo do ano que hoxe coñecemos como Entroido. Tanto as xornadas como a exposición foron organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo que cedeu as instalacións.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal