Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Representación das lendas da Pena Molexa

Monumento lítico conformado pedrafita e tamén "pedra entronizadora", no que destaca unha pena de grandes dimensións, manufacturada, de tipoloxía redonda, calcada a mantenta e asentada mediante calzos de pedra, que determina a verticalidade do conxunto e ofrece un arqueoastronómico axexadoiro para a marcaxe efectiva do lunar "ano metónico". A Pena Molexa enténdese como o elemento megalítico do continente europeo que maior número de lendas e folclore recolle no seu corpus fabulares - corpo mitolóxico -, na data da publicación. 

O arqueólogo municipal de Narón, sr. André Pena Granha, durante a charla-tertulia "O patrimonio do Val" (celebrada como parte das xornadas, o día 2 da data no auditorio do Centro Cívico-Social do lugar ) destacou a característica da Pena Molexa como elemento psicopompo - guía da alma do defunto no seu camiño cara ao alén -, engadindo o seu papel simbólico como "Barco Lunar" [sic] (estrutura que localiza formalmente na banda N.O.), cunha orixe de culto anterior e precedente ao tempo do solem adorant - culto solar - como culto astral principal. Sería na devandita banda do monumento que pousarían ritualmente o corpo defunto dun membro destacado e socialmente relevante dentro da/s comunidade/s social, co gaio de iniciar a súa viaxe cara ao Máis Alá. *(No documento visual observamos a banda Sur da Pena Molexa).

No presente vídeo podemos observar a representación das seguintes lendas, segundo orde de interpretación:

- A Vella.
- O Tesouro ("A lectura do Ciprianillo").
- A Galiña dos Pitos d´ouro.
- A Moura.
- O Rei e os seus Guerreiros.

O clip de vídeo foi tomado durante a xornada de remate das catro que conforman o total dos actos de celebración das "Lendas da Pena Molexa" nas datas do 2, 3, 9 e 17 de xunio de 2017.

(Lugar de Vilasuso - O Val, Narón. Ferrolterra - A Coruña)


* Noso agradecemento ao representante da AA.VV. "Irmandiños de O Val" por facilitar a gravación do evento.

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal