Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Pedrafita-Menhir

A pedrafita-menhir "Marco da Cartelida", localízase en plena bagoada, nunha depresión xeolóxica en pendente que percorre de S.O. a S.L. o Monte da Cartelida, a carón do paso dun regato natural. Este elemento lítico de granito determiña eixo liminal entre as concorrentes freguesías de San Xurxo de Queixeiro e Sta. María de Vilachá (recollidas no concello de Monfero), San Pedro de Grandal (concello de Vilarmaior), e Sta. Mariña de Taboada (concellos de Monfero, Vilarmaior e Pontedeume); do mesmo xeito, cumpre protagonismo divisorio na súa localización entre os territorios dos coruñeses e devanditos concellos de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas de Betanzos).

A tradición oral refire expresamente do papel desta pedrafita como protagonista máxico con resolutivos efectos curativos contra
do Meigallo e contra do Mal de Ollo; ámbolos dous, “males”
recollidos na cultura popular atinxindo tanto ao eido dos “feitizos e enfeitizamentos” como ao das tradicionais enfermidades concebidas como "non de médico”.

+ info no artigo "Marco da Cartelida. Contextualización dun Marco de Termo contra o Meigallo e o Mal de Ollo", publicado no boletín dixital da S.A.G.A. "Caderno de Campo", num. 9, agosto de 2014, pax. 13-19. 
 

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal