O "Marco do Salto" localízase no Concello de Cabanas (Terras do Eume-A Coruña), cumpre función liminal entre as freguesías do Salto (Sta. Cruz), Laraxe (San Mamede) e Irís (Sto. Estevo).
Ofrécese en material de pedra de Granito cunha fasquía pulida e fálica, ten un contorno na súa base de 100 cm. e de 85 cm. na croa, a partir da liña terriza conta cunha altura máxima de 54 cm. na banda S.O.
Esta pedrafita goza de propiedades curativas contra do Meigallo e o Mal de Ollo tanto nas persoas coma nos animais; nalgunhas localidades inmediatas especifican do animal en cuestión: "Para
as vacas enfermas".
No ritual a seguir para erradicar estas enfermedades "non de médico" debe deixarse unha prenda ou complemento propiedade da persoa á que se desexa dar remedio e liberar do mal, no caso de ser a propia persoa afectada quen realiza o ritual pousará unha moeda na coviña que destaca no centro da súa croa ou ben procederá a deixala no redor inmediato do marco, ben en superficie ben soterrada ao pé . No caso da curación dun animal déixase un mechón dos pelos do rabo do animal, e de ser este unha Vaca falan na veciñanza da opción optativa de deixar unha botella que conteña seu leite.
No lugar ubícase un panel que indica compre achegarse ao marco en silencio, realizar o ritual e voltar en silencio de novo, o proceso debe realizarse antes da media noite. Unha vez na pedrafita hai que dar tres cuadas no marco e logo nove voltas mentres que se di o seguinte:
"Meigos e Meigas,
envexosos e envexosas,
encantadores e encantadoras,
tanto gozades de min
como eu desta moeda
que vou tirar."
Durante a grabación deste vídeo achouse no Marco do Salto unha moeda de 1 céntimo de Euro, dous coleteiros e unha chave.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal