Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Mascarada15ViaVil

Nesta pasada fin de semana de xaneiro de 2015, tivo lugar a I Mascarada Ibérica en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. As vellas montañas das Terras Altas tremeron de novo co son dos Folións no medio da invernía. A cor e o ritmo encheron a paisaxe ancestral, os espazos poboáronse da cultura que xurdiu e correu, como un cachón, dende as tan simbólicas alturas da serra.

O folión encarna de maneira excelente os valores da sociedade tradicional como son a solidariedade, o esforzo colectivo e calidade humana. Todos eles ficaron ben defendidos e actualizados nestes dous días de xenerosidade e orgullo, nos que o Fulión creou de novo ó seu redor un espazo en un tempo para compartir, expresarse e comunicar.

A carón dos bombos, das musicais aixadas e gadañas tamén, o mundo dobra e adquire propiedades diferentes e mellores das que tiña en orixe. Ó redor do folión o mundo é mellor. Os viaxeiros adquiren a condición de veciños e estes viaxan cara o interior de si mesmos para rescatar o verdadeiro espírito da natureza humana: A comunidade sostida polos seus símbolos.

Nos, a SAGA, podemos dicir que aló estivemos. Nun evento de primeira magnitude que só é posible como produto dunha tradición poderosa e fonda desenvolvida directamente, sen intermediarios, pola xente. Eles son os verdadeiros e únicos expertos e responsables da súa xestión cultural.

Jurrus, Caretos, Volantes, Piliqueiros, Mázcaras e Sidros valeron tanto como os anfitrións Boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Crearon xuntos un espazo e un tempo máxicos no que todos xuntos reforzaron quen é cada un, todos son imprescindibles.

Nesta histórica primeira edición do evento quedou patente unha verdade. Xa o temos dito: O autenticamente valioso é ser parte dunha realidade común na que cada un, co seu xeito e verdade, é imprescindible para entender a totalidade. O contrario levaría a ficar reducido á categoría de anécdota ou capricho cun valor local.

Así pois, para a SAGA foi unha honra extraordinaria a de poder sentirse partícipe da alegría desta xente, a nosa xente, e queremos agradecer o feito de que nos quixeran facer entrega dun precioso símbolo da nosa relación. Para nos a entrega deste agasallo significa : “ A SAGA progresa adecuadamente na súa aprendizaxe”.

Así pois, xente dos Folións e Fuliós, moitas grazas por permitirnos observar, axudar, e aprender. Para iso estam

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal