Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


A SAGA e o Museo das Civilizacións de Europa e o Mediterráneo. Dende o 26 de marzo até o 4 de agosto de 2014

Nesta primaveira de 2014 o MuCEM, Museo das Civilizacións de Europa e do Mediterráneo, vai inaugurar unha exposición adicada ós entroidos e mascaradas do espazo  euro-mediterráneo, segundo a denominación empregada por esta institución cultural que se atopa na cidade de Marseille, Francia

 

Vexan, se lles parece, o video da exposición. Paga a pena.

 

 [Expo] Le monde à l'envers vu par la commissaire Marie-Pascale Mallé MuCEM Officiel

Esta mostra temporal vai estar aberta dende o 26 de marzo até o 4 de agosto de 2014 e xa avanzamos algo dela nesta outra entrada do blog:

http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/01/09/a-saga-aporta-parte-dos-seus-fondos-documentais-para-unha-exposicion-do-mucem-o-museo-das-civilizacions-de-europa/

Esta temática, tradicional nos museos etnográficos, ten acadado un novo status de actualidade nas últimas décadas. Dende hai uns trinta anos, moitos antroidos de todo o mundo e de diversa apariencia, son quen de mobilizar a dúcias de milleiros de partricipantes e espectadores. Por calquera parte, as mascaradas rurais e as paradas ou desfiles urbanos renaceron e reinventáronse, na procura dunha nova reedición de ritos moi antigos ou procurando inspiración en formas culturais que chegan até nos dende unha antiguidade remota.

 

O Felo, dono do seu destino.

Por que tanta xente gosta do antroido? Que atopan nel? Apenas un divertimento, unha oportunidade de expansión e troula? Unha proba da súa identidade? Unha práctica “auténtica” ; unha experiencia catártica e persoal; a felicidade; a vivencia dun soño?

Unha das actividades do xiro normal das actividades da SAGA é a documentación gráfica destas extraordinarias manifestacións da cultura dos galegos e, xa que logo, dos europeos. Este traballo repousa, fundamentalmente, sobre “o lombo” do noso compañeiro na SAGA e fotógrafo, Pedro G. Losada. Parte desta laboura pode ser vista neste album.

https://www.facebook.com/pedro.g.losada/media_set?set=a.1243244977121.28055.1709266045&;type=3

Estas e outras semellantes van ser as cuestións sobre as que tentará botar luz ou mesmo respostar,  a exposición da vindeira primaveira no MuCEM.

A exposición pois, vai convidar a quen por aló vaia a unha viaxe cara o interior do imaxinario entroideiro; un imaxinario rico, antigo, que convoca as mais grandes mitoloxías paleoeuropeas e que inda así, ten a capacidade de interpelar rotundamente á xente de hoxe en día. A demostración dos contidos vaise apoiar na exposición de máscaras e traxes, dos fondos do propio MuCEM e tamén do Musée International du Carnaval e du Masque de Binche (Bélxica) que actúa ademais neste caso de entidade coprodutora da esposición. Ademais vanse poder comtemplar unha serie de obxectos arqueolóxicos e artísticos procendentes dos fondos de diferentes museos e institucións europeas entre as que tamén se atopa a SAGA, Sociedade Antropolóxica Galega, que participará mediante  a cesión de parte dos fondos documentais gráficos do seu fotógrafo colaborador asociado Pedro G. Losada. Ademais, a SAGA actuará de enlace entre a Cultura Galega e o MuCEM durante o período no que a mostra esté aberta. Neste contexto, a SAGA vai dar cumprida conta das actividades relacionadas co evento ó tempo que organizará outras relacionadas e converxentes, todo elo co gallo de amosar a magnitude da riqueza da cultura civilización galega.

Así o MuCEM ten deseñado unha posta en escena na que se anima a descubrir as diferentes facianas do entroido ou do carnaval; as súas funcións, significados múltiples, e os xeito polo cal proporciona ás persoas e sociedades de hoxe en día a oportunidade de poñer sobre o escenario as súas preocupacións, medos, desexos e soños.

O referendo da Tradición

As cifras do  MuCEM:

O Museo consta de tres espazos contedores. Xuntos, conforman o conxunto doMuCEM que abrangue así 40000m2 de espazos espositivos adicados á diversidade cultural europea.

O “J4” leva este nome pola antiga dársena portuaria na que hoxe se levanta o edificio, do arquitecto R. Ricciotti asociado a R. Carta. Ten 16500m2 edificados, dos cales 3600m2 son espazos expositivos.

O Fort Saint_Jean está unido por pasarelas co J4 e é un dos edificios históricos masi representativos da cidade de Marsella. Ten 15000m2 e 1100m2 adicados ás esposicións. Hai ademais 12000m2 de xardíns.

O Centre de Conservatión et de Ressources. Obra de C. Vezzoni e A. Jolivet, acolle os fondos das coleccións da institución. Tanto os especialistas como os afeccionados poden acceder, previa solicitude, á sala de consulta das obras, arquivos, e obxectos diversos. Posúe unha pequena sala de exposicións propia con programación independente e aberta ás iniciativas organizadas dende o exterior e na cal se poden presentar novas perspectivas sobre as coleccións do MuCEM. Unh verdadeira interface entre o museo e a sociedade. Ten 13000m2 con 1400m2 de espazo de cosulta entre outros.

A xénese deste gran complexo cultural está no proceso de metamorfose que experimentou o Musée des Arts et Traditions Populaires de París que fora creado no ano 1937. Este “Museo de Sociedade” reinventouse coma un “Museo da Civilización “ ou das civilizacións, de Europa que puxo en marcha unha estratexia de prospección e adquisición de fondos por todo o continente co gallo de documentar  a identeidade “popular” europea mesmo no cerne do eido urbano. Así, xa dende a segunda metade do século pasado os investigadores asociados e os conservadores do museo teñen desenvolvido unha intensa labor de selección de pezas, que documentan procesos tan diospares como os comezos da música amplificada ou o rock en europa ou a memoria do SIDA, o artesanato do vidro, os casamentos ou o entroido europeos.

250000 obxectos diversos; 130000 estampas, debuxos, cartaces, e cadros; 450000 fotografías; 140000 tarxetas postais; 100000 xornais outras obras periódicas son algúns dos motivos que fan desta institución un verdadeiro centro de referencia  da memoria da identidade dos europeos.

Temos afirmado en diferentes foros que Galicia atesoura na súa cultura unha parte monumental e insutituible da tradición e dos alicerces mesmos da identidade do continente. É por eso polo que a SAGA fará todo o posible por facer visible, dun xeito permanente, esta realidade. A presenza pois, nun dos millores foros deseñados para facer posible este albo volve ser, como sempre, mérito da autenticidade, fondura e forza da nosa equipaxe cultural como galegos. E, seica así o ten entendido unha institución coma esta.

E as forzas que nos levan…

E para rematar apenas un pequeno avance musical que recrea a atmosfera propia do entroido galego

 

Percusion do entroido.Extractos 2014

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal