Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


PEDRAFITAS - MENHIR

Representación das lendas da Pena Molexa

Evento de carácter anual, representado na ubicación natural da Pena Molexa, que toma parte do conxunto de actividades organizadas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón xunto coa AA.VV. "Irmandiños de O Val" na celebración do XX aniversario das "Lendas da Pena Molexa".


PEDRAFITA-MENHIR



A pedrafita-menhir "Marco da Cartelida", localízase en plena bagoada, nunha depresión xeolóxica en pendente que percorre de S.O. a S.L. o Monte da Cartelida, a carón do paso dun regato natural. Este elemento lítico de granito determiña eixo liminal entre as concorrentes freguesías de San Xurxo de Queixeiro e Sta. María de Vilachá (recollidas no concello de Monfero), San Pedro de Grandal (concello de Vilarmaior), e Sta. Mariña de Taboada (concellos de Monfero, Vilarmaior e Pontedeume); do mesmo xeito, cumpre protagonismo divisorio na súa localización entre os territorios dos coruñeses e devanditos concellos de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas de Betanzos).


Pedrafita-Menhir de San Cosme de Mántaras: Solsticio de Invernía

Rexistro en vídeo da marcaxe solsticial de Invernía na pedrafita-menhir de San Cosme de Mántaras (Irixoa. Terra das Mariñas-A Coruña).
Máis datos acerca desta pedrafita no traballo do título publicado no "Fol de Veleno-2.015, anuario nº 5 da S.A.G.A.


PEDRAFITA "MARCO DO SALTO" (Cabanas. Terras do Eume-A Coruña)

O "Marco do Salto" localízase no Concello de Cabanas (Terras do Eume-A Coruña), cumpre función liminal entre as freguesías do Salto (Sta. Cruz), Laraxe (San Mamede) e Irís (Sto. Estevo). 

Ofrécese en material de pedra de Granito cunha fasquía pulida e fálica, ten un contorno na súa base de 100 cm. e de 85 cm. na croa, a partir da liña terriza conta cunha altura máxima de 54 cm. na banda S.O.

Esta pedrafita goza de propiedades curativas contra do Meigallo e o Mal de Ollo tanto nas persoas coma nos animais; nalgunhas localidades inmediatas especifican do animal en cuestión: "Para 
as vacas enfermas". 

No ritual a seguir para erradicar estas enfermedades "non de médico" debe deixarse unha prenda ou complemento propiedade da persoa á que se desexa dar remedio e liberar do mal, no caso de ser a propia persoa afectada quen realiza o ritual pousará unha moeda na coviña que destaca no centro da súa croa ou ben procederá a deixala no redor inmediato do marco, ben en superficie ben soterrada ao pé . No caso da curación dun animal déixase un mechón dos pelos do rabo do animal, e de ser este unha Vaca falan na veciñanza da opción optativa de deixar unha botella que conteña seu leite.



 


PEDRAFITA "MARCO DO SEIXO (OU DE TORRES)"

A pedrafita "Marco do Seixo" establécese nun cruce de camiños, a carón do cambio de vertente do Monte Grande -que conta cunha pequena necrópole tumular- (Vilarmaior), constituíndose como punto liminal das freguesías de San Fiz de Monfero, San Xurxo de Torres e Santiago de Vilamateo (Vilarmaior), ao tempo que entre ámbolos dous devanditos concellos coruñeses de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas).

 


Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal