Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


PROXECTO PARA A CREACIÓN DO

PROXECTO PARA A CREACIÓN DO "ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS"

Entre os anos 2011 e 2015, a Sociedade Antropolóxica Galega formou parte da comisión técnica para a creación do Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños. Un proxecto de posta en valor do patrimonio que foi felizmente executado no ano 2015 de xeito conxunto polas Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Marín.

Ademais, membros da SAGA, como o antropólogo Rafael Quintía ou o realuzador João Bieites traballaron activamente neste proxecto. Quintía na recollida e catalogación de patrimonio inmaterial e etnográfico para enriquecer os contidos deste espazo e xunto con Bieites e o arqueólogo Lukas Santiago na relaización do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo.

A zona do Monte de San Martiño, monte do Pornedo, o monte Catadoiro e a contorna Sete Camiños constitúe un espazo privilexiado, de singular relevancia natural e patrimonial. Esta área, que forma parte da Serra de Domaio, está chamada a converterse nunha zona de lecer dos Concellos de Pontevedra; Marín e Vilaboa, unha extensión natural do Parque da Lagoa de Castiñeiras, que pode chegar a ser un importante referente, que axude a enriquecer, fortalecer e diversificar a oferta cultural e turística da comarca. A creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños representa unha alternativa viable para convertelo nun referente identitario para a comunidade local, ademais de constituír un recurso social e economicamente rendible; destacando a necesidade de conservar, estudar e difundir este espazo pola súa importancia patrimonial, polo valor didáctico e polo poder identitario das pegadas deixadas na paisaxe polos nosos devanceiros.

Toda a información sobre os Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños na web: 

http://xn--setecamios-09a.com/

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal