Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia

Logo_SAGA

Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia

No seu día, a SAGA colaborou activamente para acadar a declaración de  Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia. Nomeadamente, unha das xoias sobranceiras deste magno espazo de interese cultural é a actividade marisqueira realizada polas mulleres, eminentemente, desta ría. Un vídeo realizado polo fotógrafo da SAGA Pedro G. Losada ó respecto, acadou unha gran relevancia nas redes e agora está dispoñible como un documento e homexe a estas mulleres traballadoras e esforzadas que manteñen viva a tradición ó tempo que contribúen á creación de riqueza mediante unha actividade tan ancestral como  é a procura do sustento no mar. Todo un orgullo para a cultura galega.

Malia todo, non foi posible acadar os apoios necesarios para evidenciar unha vontade colectiva de acadar este obxectivo. Eis, agora, no blog da SAGA, en cualidade de promotores da proposta e para que así conste, o vídeo e a nosa posición ó respecto xunto co resumo da proposta presentada.

Berberechos da Ria de Muros e Noia. Unha paisaxe cultural de relevancia mundial.

No seu día, a SAGA colaborou activamente para acadar a declaración de  Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia. Nomeadamente, unha das xoias sobranceiras deste magno espazo de interese cultural é a actividade marisqueira realizada polas mulleres, eminentemente, desta ría. Un vídeo realizado polo fotógrafo da SAGA ó respecto, acadou unha gran relevancia nas redes e agora está dispoñible como un documento e homexe a estas mulleres traballadoras e esforzadas que manteñen viva a tradición ó tempo que contribúen á creación de riqueza mediante unha actividade tan ancestral como  é a procura do sustento no mar. Todo un orgullo para a cultura galega.

 

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal