DESCRIPCIÓN DA PUBLICACIÓN:
SAGA é unha publicación electrónica da Sociedade
Antropolóxica Galega de consulta e descarga gratuíta na páxina web e no nos
blog:
http://www.antropoloxiagalega.org
http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com
A revista SAGA recolle artigos de investigación e divulgación
sobre etnografía, antropoloxía, historia e arqueoloxía de Galicia. “SAGA.
Revista electrónica de Investigación” está aberta ás achegas que calquera
investigador queira facer e que se enmarquen na temática da publicación.
Co fin de primar a súa función eminentemente divulgativa e de
servizo social a prol do coñecemento da nosa historia e do noso patrimonio
cultural, a revista tamén está aberta á publicación de traballos non inéditos,
de xeito que “SAGA. Revista electrónica de Investigación” se converta nunha
sorte de ágora virtual onde poder compartir e difundir coñecementos e aprender
dos traballos de todos aqueles investigadores que así o desexen.
DATOS EDITORIAIS:
EDICIÓN: Dixital
ENTIDADE EDITORA: Sociedade Antroplóxica Galega (SAGA)
LUGAR DE EDICIÓN: Galicia (edición dixital)
ISSN: 2254-5964
Sociedade Antropolóxica Galega
Aviso Legal