Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Berberechos da Ria de Muros e Noia. Unha paisaxe cultural de relevancia mundial.

No seu día, a SAGA colaborou activamente para acadar a declaración de  Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia. Nomeadamente, unha das xoias sobranceiras deste magno espazo de interese cultural é a actividade marisqueira realizada polas mulleres, eminentemente, desta ría. Un vídeo realizado polo fotógrafo da SAGA ó respecto, acadou unha gran relevancia nas redes e agora está dispoñible como un documento e homexe a estas mulleres traballadoras e esforzadas que manteñen viva a tradición ó tempo que contribúen á creación de riqueza mediante unha actividade tan ancestral como  é a procura do sustento no mar. Todo un orgullo para a cultura galega.

Imaxes relacionadas

https://www.facebook.com/pedro.g.losada/media_set?set=a.10200845572217478.1073741910.1709266045&type=3

Malia todo, non foi posible acadar os apoios necesarios para evidenciar unha vontade colectiva de acadar este obxectivo. Eis, agora, no blog da SAGA, en cualidade de promotores da proposta e para que así conste, o vídeo e a nosa posición ó respecto xunto co resumo da proposta presentada.

 

 

En 1972 a Conferencia Xeral da UNESCO aproba a “Convención sobre la protección del patrimonio mundial cultural y natural”.

O Organismo que inscribe os bens que integran este partimonio mundial é o Comité do Patrimonio Mundial. España é un do membros deste organismo, que é quen dita as instrucións para inscribir cada ben de interese.

Hai varios organismos independentes que asesoran no expediente de cada inscrición:

  • Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS)
  • A Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza (IUCN)
  • Centro Internacional para o Estudo da Preservación e Restauración dos Bens Culturais (ICCROM).

Das paisaxes culturais

En 1992 a Convención do Patrimonio da Humanidade transformouse no primeiro instrumento legal internacional para o recoñecemento e a protección dos paisaxes culturais

Estes representan as “obras combinadas da naturaleza e do ser humano” designadas no Artigo 1º da Convención.

Son ilustrativas da evolución da sociedade e dos asentamentos humanos no tempo, baixo a influencia das restricións físicas e/ou as oportunidades que brindaba o seu entorno natural e as sucesivas forzas sociais, económicas e culturais, tanto internas como externas.

Reflicten técnicas específicas do uso sostible da Terra, tendo en conta as características  e os límites do entorno natural no que fican establecidas, ademais dunha relación espiritual específica ca natureza.

Neste sentido, son formas tradicionais do uso  útil para o mantemento da diversidade biolóxica.

A paisaxe organicamente evolutiva, é o resultado dun imperativo inicial social, económico, administrativo, e/ou relixioso que desenvolveu a súa forma actual en asociación con, e en resposta a, o seu entorno natural. Estas paisaxes testemuñan ese proceso de evolución na súa forma e nas características dos seus compoñentes.

Unha paisaxe viva é aquela que mantén un papel social activo na sociedade contemporánea, asociado co modo de vida tradicional, e no que o proceso de evolución está inda en progreso. Ó mesmo tempo amosa evidencias materiais significativas da súa evolución no tempo.

Das condicións de viabilidade e sucinto DAFO ó respecto.

A actividade marisqueira na Ría de Noia posúe, pois, calidades antropolóxicas, históricas, etnográficas e vitais mais que acreditadas que fan dela unha acreedora obxectiva a seren declarada patrimonio mundial do xénero humano. Destacan entre eles:

  • A súa autenticidade en tanto que fenómeno vivo e ancestral que comunica directamente a realidade económica actual cos estadíos mais inveterados do proceso de sucesión cultural do noso xénero. Neste sentido dase a singularidade de que esta actividade constitúe unha paisaxe de estrutura relicta mais posta ó día polas xeracións sucesivas de mariscadoras da Ria de Noia, neste caso.
  • O feito de representar un insuperable exemplo da importancia e transcendencia da visibilización exitosa da actividade económica e cultural da muller, e un modelo de desenvolvemento exportable como modelo de organización a escala local. O factor antropolóxico de “xénero”, en definitiva actuaría a prol deste proxecto.
  • O carácter tradicional da actividade, desaparecida en xeral no resto do mundo e claramente ameazada a escala global e orientada dende os seus inicios con criterios sustentables.
  • A forte personalidade do fenómeno mesmo dentro da súa área cultural inmediata, Galicia.
  • A natureza endóxena, da comunidade local, do deseño, xestión e adaptación ós tempos da actividade, manifestada na xeometría cultural marcadamente horizontal da mesma.
  • A capacidade de influencia da actividade sobre outros acenos culturais dentro do marco da interface maritimo-terrestre de referencia, os cales fican positivamente condicionados (adaptados) dentro dunha órbita arredor da explotación do recurso marisqueiro.

Son déficits que cumpriría subsanar:

  • Acreditar de xeito convincente, a existencia dos sistemas de protección e xestión suficientes que garantan a conservación do ben.

 

Referencias adicionais

http://whc.unesco.org/en/culturallandscape

http://ip51.icomos.org/landscapes/index2esp.htm#

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal