- nos:Siguenos @antropoloxiagz
- seguidores:5
- seguindo:1
Este sábado día 31 de marzo os compañeiros Miguel Losada e Rafael Quintía participarán no programa literario e cultural “O sombreiro de Merlín”, de Radio Obradoiro. Alí falarán do proxecto da Sociedade Antropolóxica Galega e presentarase o anuario “Fol de Veleno”, neste momentos no prelo e a piques de publicarse. O programa emítese os sábados de 12-13h.
Ligazón RADIO OBRADOIRO:
RADIO OBRADOIRO
Máis información sobre o programa:
O SOMBREIRO DE MERLÍN
Entrevista os membros da Sociedade Antroplóxica Galega: Rafael Quintía -antropólogo- e Miguel Losada -etnógrafo- no programa "Encuentros en la medianoche" de Radio Voz. Data:Xaneiro 2012
Entrevista ó antropólogo Rafael Quintía en Radiofusión para falar do documental "Sete camiños. Encrucillada do tempo" realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega. Data: xaneiro 2012
Entrevista en radiofusión ó antropólogo e músico Rafael Quintía para falar do seu libro "Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos", publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A.C. Os Chichisos. Data: Xaneiro de 2012
Audio coa entrevista feita o dia 8 de xaneiro por Radio Galega e para no programa "Quen Somos" a Rafael Quintía sobre o Documental "SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo"
O pasado cinco de novembro de 2011 tivo lugar a presentación do documental "Comuneiros. 100 anos de vida e loita polo monte de Salcedo", unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audi
ovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.
SINOPSE:
Na paisaxe do campo galego había unha estampa pintoresca que o furacán do progreso vai arrasando co paso do tempo. As METOCAS ou metoucos, segundo o lugar ou a feitura con que se facían en cada comarca. Estas medas ou palleiros cónicos da palla de millo tiñan diversas utilidades: Recoller a palla do nutritivo cereal nun lugar axeitado, complementar o alimento do gando vacún e sin pretendelo dar bonitura a paisaxe do campo galego. Hoxe, case que desaparecidos, alumean o noso esprito espallados polas leiras galegas. A xente de Vaipolorío, observaos nestes 11 anos como estas "construccións vexetais" foron desaparecendo, de feito no val de Tomeza na máis este ano foron feitos dous exemplares.