Aproximación ó coñecemento do alto Támega. Hoxe comezaron as actividades relacionadas ca adquisición dun mellor nivel de coñecemento sobre a prehistoria recente do Val do Alto Támega, Ourense.
Terceiro día de traballo nesta estación arqueolóxica e segundo sobre o petróglifo en si mesmo. O equipo ven de padecer condicións extremas de temperatura, perto de 40º C, mais inda así a taxa de progreso é moi satisfactoria. Continúa a marcaxe e fixación documental das improntas sobre a dura rocha granítica. Comeza o traballo nocturno até altas horas da mañá. O panel amósase espectacular.
A primeira luz do sol do día de San Bartolumeu iluminando o petróglifo das Covas Rubias. Proxecto Alto Támega 2013.
Como remate da primeria campaña de traballo sobre esta extraordinaria peza do patrimonio de Galicia, onte , día 24 de Agosto de 2013 animamos á xente da contorna para que subiran até o lugar onde se atopa co albo de experimentar outra caste de relación cun senlleiro elemento da nosa cultura descuberto pola SAGA nos últimos tempos.
Durante a tarde do día 29 de Agosto de 2013, no monte do Lastredo, Laza, o equipo de traballo realizou calcos das imaxes dispostas sobre as rochas esquistosas da estación arqueolóxica que circunda o "Penedo das Pisadiñas" o cal xa ten sido obxecto da mesma acción arqueolóxica nos días anteriores.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal