Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


MÚSICA

Canto de Berce

A Sra. Felicia Insuela interpreta un canto de berce tradicional galego.

Actuación do músico Benito Salgado na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

O músico Benito Salgado á zanfona acompañadó ó pandeiro por Antonio Vázquez interpretan os temas: "O cantar do arrieiro" e "Historias do Cebreriro". Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

Actuación do músico David Iglesias Salgado na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

O músico David Iglesias á zanfona, acompañadó ó pandeiro no segundo tema por Antonio Vázquez, interpreta os temas: "O cego andante" e "San Fins de Castro". Actuación celebrada na "I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

Actuación do músico Xandre Outeiro na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

O músico Xandre Outeiro interpreta á zanfona os temas: "A silveira" e "xotas de Mangueiro e Malpica". Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

Actuación de Cesar Loureiro e Carme Gallego na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

O zanfonista Cesar Loureiro e a violinista e nickelharpista Carmen Gallego, acompañados ó pandeiro por Antonio Vázquez, interpretan tres temas tradicionais (galego, francés e sueco). Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

A Quenta os Bombos

Dentro xa do pleno período do antroido galego, nas Terras de Trives a xente da Caniceira segue co rito da quenta dos bombos e demais instrumentos do Fulión. Compre espertar os tarecos para acadar o mais alto cando sexa tempo de dalo todo na treboada de percusión galega.

Percusión do entroido. Extractos 2014

Un avance do que vai vir, neste eido. Permanezan atentos, se queren saber mais.

Anos Novos de Mozo

A.C. Trepia de Pontevedra interpreta o tema Anos Novos de Mozo. Nadal 2013-2014

Reiseiros de Mesía V Certame de reiceiros de Boimorto

Bando de reiceiros de Mesía cantando no V Certame de Cantos de Reis de Boimorto

Cantos de reis por Pontevedra

A A.C. Os Chichisos canta os Reis polas rúas e prazas de Pontevedra. Nadal 2014.

Clausura das Xornadas do Entroido 2015: Concerto de Carme Gallego, César Loureiro e Xan Aparicio

Mini e Mero na "Festa do Sol" da Eira da Xoana

"Penélope", peza musicada e interpretada por "Mini e Mero", do poema homónimo autoría do poeta galego, escritor e tradutor, Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1990).

Foliada na "Eira da Xoana" (co gaiteiro raúl galego)

Diversas pezas musicais tradicionais galegas interpretadas na foliada celebrada durante a "Festa do Sol", organizada pola "Eira da Xoana" na data do solsticio de Invernía do 21-12-2016. 
(Ramil-Pontevedra)
* Son ao vivo. Audio ambente.
* Eira da Xoana: 
http://eiradaxoana.gal/

O Exercito dos Panos en Arcos, Coro dos Cegos e Coro dos Vellos

Entroido na Parroquia de Arcos, Mazaricos, A Coruña, Galicia. En 2017 o Exercito dos Panos mailo Coro dos Vellos e o Coro do Cegos volven saír de Entroido actualizando así unha antiga e acrisolada tradición.

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal