Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


CONFERENCIAS, CHARLAS, PONENCIAS E INTERVENCIÓNS

PRESENTACIÓN DE "FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA DE GALIZA"

Acto de presentación da publicación "Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza", celebrado no Hotel Justo de Samxenxo o venres 17 de agosto de 2012. Organiza: Sociedade Antrpolóxica Galega e Librería Nós de Sanxenxo.

Toño Vázquez: O Entroido en Pontevedra. Introducción por Rafa Quintía

Xornadas 2013 sobre o entroido. Na casa das Campás de Pontevedra. Presentación dos poñentes e introducción por parte do Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Exposición de Toño Vázquez: O entroido en Pontevedra.

Ponencia de José Ángel Rosales. Madamas e Galáns no entroido de Vilaboa.

Xornadas do entroido en Pontevedra organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Ponencia de Xose Ángel Rosales. Madamas e Galáns en Vilaboa.

Xornadas de Pontevedra sobre o Entroido. Ponencia de Miguel Losada

As montañas de Ourense atesouran, inda vivos, unha parte insustituible e moi valiosa, dos estratos mais antigos da primitiva cultura paneuropea. As máscaras e persoaxes que as exhiben, remiten cara un intre do pasado común no que, probablemente, o cambio social propiciou a diversidade cultural.

O traxe de Cigarrón. Intervención de Benito Salgado nas Xornadas sobre o Entrodio de Galiza

Intervención de Benito Salgado nas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza" organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Ano 2013.

Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro".

Xornadas do entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Pontevedra, 2013. Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro"

Primeira Xornada sobre Música Tradicional da SAGA

Primeira edición das Xornadas de Música Tradicional da SAGA. A Zanfona na música galega. O venres 5 de Xullo de 2013 aconteceu na Casa das Campás de Pontevedra a celebración desta sesión adicada á Zanfona e a relación ca música galega.

Conferencia de Pablo Quintana na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAG

"A zanfona e os cantos de cego na música tradicional". Conferencia de Pablo Quintana na " I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

Conferencia de Félix Castro e Castor Castro na " I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

Santalices, a zanfona, novos achédegos. Conferencia de Félix Castro e Castor Castro na " I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

Conferencia de Cesar Loureiro na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAGA

"Procesos de construcción dunha zanfona, selección de materiais e innovacións". Conferencia de Cesar Loureiro na " I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. "Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón"

"ARQUEOASTRONOMÍA E RELACIÓNS ASTRONÓMICAS EN PENA FURADA". CONFERENCIA DE ANTÓN MALDE.

Antón Malde detalla o resultado do estudo multidisciplinar aplicado no santuario rupestre de Pena Furada, localizado en Coirós (Terra das Mariñas-A Coruña). 

"GRABADOS RUPESTRES NO NORTE DA PROVINCIA DA CORUÑA"

Conferencia impartida polo sr. Alberto López, secretario e voceiro do "Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos", no auditorio da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.).
 

"ANTROPOLOXÍA, MEGALITISMO, ARTE RUPESTRE E ARQUEOASTRONOMÍA NO MONTE DE SAN ANTÓN (IRIXOA)"

Conferencia impartida polo sr. Ángel Gilberto Martínez, colabourador e fotógrafo da SAGA, membro do "Fuso da Moura", no auditorio da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.).
 

Miguel Losada HD 720p

Intervención de Miguel Losada nas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, realizadas dos días 15, 16, 17 e 18 de Decembro de 2016. Nesta poñencia o secretario da SAGA explica para un público diverso, a orixe da iniciativa presentada no seu día por esta entidade e que está dirixida a acadar da UNESCO o recoñecemento da actividade marisqueira da Ria de Muros-Noia como unha Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade. 

MESA REDONDA: CASTRO DE LOBADIZ

Na data do xoves, día 16 de marzo de 2017, celebrouse unha Mesa Redonda sobre o costeiro Castro de Lobadiz que tivo lugar no auditorio da "Sociedade Galega de Historia Natural" (S.G.H.N.), sita no barrio de Canido da cidade departamental de Ferrol (A Coruña). 

 

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal