Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


O ROTEIRO DAS MOURAS

O ROTEIRO DAS MOURAS

Lendas, etnografía, arqueoloxía e natureza nun roteiro máxico pola cultura e as terras de San Martiño de Salcedo


Dentro dos proxectos e iniciativas que se están levando a cabo na parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo, a SAGA puxo en marcha un roteiro culturalco aquel de axudar a pór en valor o rico patrimonio do río Batán, así como algún dos importantes xacementos arqueolóxicos que hai nesta parroquia e, sobre todo, revalorizar e divulgar o importante patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. O reoteiro, de señado polo antropólogo Rafael Quintía, foi bautizado co nome de “Roteiro das Mouras”, pois o seu percorrido transcorre entre aquelas xeografías míticas da parroquia onde as mouras teñen o seu máxico hábitat. Unhas topografías marabillosas conformadas polos petróglifos do Mato das Cruces e do Outeiro das Mouras, polo célebre castro das Croas, pola ponte do Batán (acubillo de tesouros) e polos muíños cheos de historias que adobían este regato que, nacido nos cumios de San Martiño e entre campos tumularios, dá de beber ó río Tomeza.

O 12 de outubro de 2013, e grazas a que o concello de Pontevedra na persoa do concelleiro de Patrimonio Luís Bará decidiu incorpora-lo percorrido nos Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural, celebrouse a primeira edición do mítico roteiro. Grazas ó traballo que estamos a desenvolver dende a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración co concello de Pontevedra, o roteiro foi editado nun díptico que estará dispoñible para todo aquel que queira perderse pola súa conta nos camiños do noso patrimonio oral e material

O roteiro das Mouras é un percorrido cultural que pretende unir e pór en valor parte do rico patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de  Salcedo.  Esta rota, que xira en torno ás moitas lendas de mouras que posúe esta parroquia pontevedresa, parte do Monte das Croas, antigo castro protagonista da famosa lenda da moura do monte das Croas, recollida por José Casal y Lois alá polo 1866 e que sería publicada e popularizada na obra de Leandro Carré Alvarellos “Las leyendas tradicionales gallegas”.

 

DATOS TÉCNICOS:

Punto de partida: Monte das Croas

+42° 23′ 46.69″, -8° 39′ 4.34″

42.396302, -8.651205

Dificultade: baixa

Distancia: 6 km

Tempo estimado:2 horas

 

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal