Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


“PETRÓGLIFOS INÉDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ-MACEDA"

O investigador José Antonio Gavilanes achéganos neste traballo un minucioso e interesante inventario de perto dunha centena de petróglifos inéditos descubertos por el mesmo nas comarcas de Ourense e de Allariz-Maceda. Durante moito tempo existiu a idea na arqueoloxía galega de que o interior do país era pobre neste tipo de mostras de arte rupestre. Traballos como o de José Antonio Gavilanes veñen demostrarnos o errado desta crenza, comprensible polo escaso dos traballo de campo realizados neste eido. Das tipoloxías rexistradas neste libro destacan sobre todo as denominadas combinacións de coviñas ou cazoletas. Uns motivos rupestres que se estenden ao longo dunha ampla cronoloxía e presentes en moitos lugares de Europa. Dentro da humildade, agardamos que esta obra cumpra o seu obxectivo de axudar a divulgar e a coñecer  mellor o fascinante mundo dos petróglifos galegos e, deste xeito, contribuír á súa protección , conservación e posta en valor

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal