Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Viaxe de investigación á cordilleira do Atlas e ao Sahara marroquí

Viaxe de investigación que un equipo da Sociedade Antropolóxica Galega realizou á cordilleira do Atlas e ao Sahara marroquí durante o inverno do ano 2015. O obxectivo deste proxecto era tomar contacto coa cultura amazigh (bérber) e poder recoller e documentar algúns dos seus aspectos máis vencellados ao mundo das crenzas míticas e máxico-relixiosas. Ademais deste traballo, outro dos obxectivos era estudar o legado arqueolóxico do norte de África e ver as súas conexións con outros pobos europeos.

Os resultados da investigación foron recollidos polo antropólogo Rafael Quintía e publicados en: Na terra dos Imazighen. Crónica dunha viaxe de investigación ao Atlas e ao Sahara.  Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº6, año 2016.

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal