Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Venres de carrada e fulión en Laza 2014

Durante o Venres de entroido, na vila de Laza, os Fulións de Carracedo da Serra e o Tameirón marchan heroicos polas rúas inseridos nunha fantástica comitiva de fachós, cun protagonistas moi destacado: o son.
O son dos vellos carros, das chocas, dos berros e aturuxos. É sen dúbida o son da vida sen adxectivos, tomada segundo nace ou xurde das fontes verdadeiras. A vida que volve, logo da invernía, dacabalo do son e do lume.
Compre esperta-lo mundo, sementalo de ánimas/espiritus refuxiadas durante o inverno nas pel dos bombos, na voz das chocas, no chio das ferramentas. Compre tamén quentalas con lume, defendelas do frio e da escuridade, para que medren e inzen todo o ano de beneficios.
Dous novos bombos feitos dunha peza cada un, sen doblar a madeira, ó vello xeito arcaico e magnífico de facelos, van nun carro. O Hector,artesán local con nome de heroe e vontade de ferro foi o artífice.

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal