Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


MINI E MERO na "Festa do Sol" da Eira da Xoana

"Penélope", peza musicada e interpretada por "Mini e Mero", do poema homónimo autoría do poeta galego, escritor e tradutor, Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1990).

"Mini e Mero" é o nome artístico do dúo galego de cantautores composto por Xosé Luís Rivas Cruz "Mini" e Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", mestres, poetas, músicos e investigadores do folclore e da cultura tradicionais de Galicia, membros históricos de "Fuxan os Ventos" e compoñentes fundadores de "A Quenlla". O Museo do Pobo Galego dispón no seu arquivo sonoro milleiros de cintas magnetofónicas co seu labor recopilatorio da tradición oral, contos, refráns, poemas, etc., recollidas no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. No eido da Educación son autores de diversos libros de texto que tratan das ciencias sociais, naturais e da Lingua Galega no ensino infantil e primario.

*Gravación rexistrada na data do solsticio de invernía do mércores 21 de decembro de 2016, durante a celebración da "Festa do Sol" na sede da organización sen ánimo de lucro "Eira da Xoana" (Ramil-Pontevedra).

*Son ao vivo. Audio ambente.

*Eira da Xoana: http://eiradaxoana.gal/

CONTIDO MULTIMEDIA:

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal