Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Stonehenge: a SAGA na chaira de Salisbury.

Stonehenge. A SAGA na Chaira de Salisbury
O ano 2013 ten sido un período con grandes novidades referentes a unha das iconas mais senlleiras do ámbito cultural atlántico europeo. Stonehenge. Das investigacións concluídas neste ano derivouse a consecuencia de que o proceso de sacralización do lugar tiña comezado uns 5000 anos antes do que se pensaba, o cal significa que foron as sociedades de cazadores e recolectores as que encetaron o gran proxecto paisaxístico a gran escala no que se transformou toda a rexión da chaira de Salisbury, na bisbarra de Wiltshire. Mesmo Peter Rowley-Conwy, profesor de arqueoloxía na Universidade de Durham, ten afirmado, para a BBC, que Stonehenge ten o potencial para se converter nun dos meirandes sitios mesolíticos de todo o Noroeste europeo .
Na SAGA, tamén durante este ano 2013, estivemos e percorremos esta rexión británica co gallo de observar cos nosos propios ollos a abraiante enerxía despregada por unhas comunidades que decidiron que cumpría modificar o mundo xa que, probablemente, carecía de certas características que consideraban necesarias. Aquela paisaxe non era dabondo. Non traía "de serie" os elementos imprescindibles para o axeitado despregue dunha nova e titánica maneira de ver o mundo.
A firmeza e vontade daquelas xentes, tendía cara a modificación tanto da fasquía da paisaxe como do seu contido. Hoxe fálase moito do concepto da "realidade aumentada"; en certo sentido esta é xa unha idea moi antiga que neste caso si que semella vir "de serie " co concepto mesmo de ser humano xa que todas as culturas teñen aplicado a fórmula dun xeito ou doutro.

CONTIDO MULTIMEDIA:

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal