Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Miguel Losada HD 720p

Intervención de Miguel Losada nas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, realizadas dos días 15, 16, 17 e 18 de Decembro de 2016. Nesta poñencia o secretario da SAGA explica para un público diverso, a orixe da iniciativa presentada no seu día por esta entidade e que está dirixida a acadar da UNESCO o recoñecemento da actividade marisqueira da Ria de Muros-Noia como unha Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade. No discurso, chámase a atención sobre os elementos a ter en conta á hora de decidir se se organiza un esforzo colectivo preciso para acadar o obxectivo. Tamén se fai un repaso da complexidade do proceso e de como unha vez acadado sería preciso seguir mantendo o impulso e o esforzo comunitario na dirección fixada. Autenticidade, identidade, a produtividade que achega o traballo das mulleres, a calidade, estruturación social, e complicidade administrativa son, na opinión de Losada, factores chave dentro do proceso de creación das sinerxias axeitadas. Compre deseñar unha didáctica que faga de ponte entre as diversas perspectivas en xogo. O albo último do esforzo neste sentido haberá de ser a mellora das condicións de vida na Ría de Muros e Noia. O desenvolvemento turístico e industrial relacionado ca extraordinaria paisaxe cultural, que de feito xa existe nesta ría galega, haberá de estar supeditado a esa premisa se se pretende asegurar a prosperidade derivada da produtividade local. Esta riqueza, o seu reparto en forma de renta, e o recoñecemento global da súa singulariedade e interés, depende da posta en práctica dun plan de salvagarda e actualización dun sistema social de éxito milenario.

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal