Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


A SAGA ORGANIZA A SÚA “I XORNADA SOBRE MÚSICA TRADICIONAL”. ESTE ANO O TEMA SERÁ “A ZANFONA NA MÚSICA GALEGA”

Continuando co noso labor a prol da investigación e da divulgación dos diferentes aspectos antropolóxicos da cultura galega, a SAGA pon en marcha a súa "I Xornada sobre música tradicional" co ánimo de axudar a divulga-los distintos apectos do que posiblemente sexa un dos máis ricos e variados folclores de Europa. Este primeiro ano adicarémolo á zanfona na música galega.

A xornada terán lugar o venres 5 de xullo na Casa das campás de Pontevedra. Agardámo-la vosa participación neste acto que conta cun interesante programa de charlas e actuacións e un elenco de participantes de primeiro nivel. Dende aquí queremos dá-las grazas a todos eles pola súa desinteresada participación, así como ó concello de Pontevedra polo súa colaboración e á Universidade de Vigo por cedérno-las instalacións da Casa das Campás.

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal